Entrevistas: Laura Castro e Almudema Filgueira (CITENI)

Seguindo coas investigacións realizadas a través do noso PDI #esPazODSparaaconcienciACCIÓN (ODS 5: Igualdade de xéneroODS 7: Enerxía asequible e non contaminante), o pasado xoves tivemos a sorte de poder contar coa visita de Laura Castro e Almudena Filgueira, dúas investigadoras do CITENI e mestras da EPEF (Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol). 



Na súa charla contáronnos moitas cousas sobre a electricidade, as enerxías renovables e das plataformas mariñas offshore. Ademais, trouxeron moito material para entender mellor o funcionamento deste tipo de plataformas. Xa estamos pensando en ter este material na nosa biblioteca!!

Falaron do seu traballo, que consiste non só en desenvolver a tecnoloxía necesaria para a construcción deste tipo de eólicos mariños, dos que Navantia Fene é líder mundial, senón tamén en buscar cales son as localizacións máis idóneas para a súa colocación de xeito que teñan o menor impacto medioambiental tanto na vida submarina como na industria pesqueira.



Como remate a este día tan completo, visitaron a nosa radio "Son de Pazos" para contestar algunha das preguntas realizadas polos nosos compañeiros Jesús e Emma dos Tritóns de 4º.





Podes escoitar esta entrevista premendo no seguinte enlace.

Comentarios