Unha tarde no muíño, en Rádio Filispim

Preme nesta foto para acceder ao álbum.

Hoxe en Radio Filispim, no programa "Unha tarde no muíño", entrevistaron a unha pequena representación do noso cole: Emma e Iago, Martina, Diego, Óscar, Roi e Saínza, que acompañados polo profe Fran achegáronse ao estudo de radio que teñen en Canido para a gravación deste programa que podedes escoitar aquí.


Falaron moi tímidamente, iso sí, dos proxectos que estamos a desenvolver a piques de pechar o trimestre e tamén dos que están por vir, entre eles, a creación da nosa propia emisora ao incorporarnos este ano ao proxecto de Radio na Biblio.
Sairá de aquí algunha colaboración? Coidamos que si. 
Os nenos e as nenas de Pazos teñen moito que dicir!!!

Comentarios