Formación con Rede Espora

Esta tarde un grupo de profes viñemos decididos a aprender para seguir medrando. Este ano sumámonos ao proxecto de Radio na biblio da Asesoría de Bibliotecas Escolares, así que organizamos unha xornada de formación intensiva sobre o manexo da radio, grazas a Denís Losada, de Rede Espora.

Aprendimos a configurar a mesa de misturas e a manexar o programa para grabar os nosos podcast, pero tamén aprendios a planificar conscientemente o noso traballo coa radio e avalialo dentro das nosas prácticas. 

A radio da biblio Xoán Farias, "Son de Pazos" está preparada. 

Isto empeza xa!!!


Comentarios