Podcasts ODS 7 "Enerxía asequible e non contaminante"

 


Continuando co PDI do noso centro #esPazODSparaaconcienciACCIÓN que trata sobre a Axenda 2030, neste segundo trimestre todo o alumnado fixo unha recua de programas de radio nos que falan, debaten, dan consellos e reflexionan sobre o coidado do noso planeta e do uso das enerxías renovables. É dicir, centrados no ODS 7 "Enerxía asequible e non contaminante".

Unha vez máis, é imprescindible tomar conciencia de que planeta queremos deixar as futuras xeracións. E que mellor forma que darlles a palabra para ver, que aínda que todo pinta moi negro, a nosa rapazada ten moito que dicir a través das ondas.



Os nosos nenos e nenas de 3 e 4 anos, recrean un conto de Pep Bruno chamado "Pétala", no que esta pomba rescata a casa da chuvia dun malvado dragón, facendo un paralelismo coa importancia de facer un uso responsable da auga do noso planeta.

Neste enlace, podedes escoitar esta fantástica adaptación. 

En canto ao peques de 5 anos, ofrécennos unha serie de consellos relacionados co ODS 7, que nos mostran como aforrar enerxía a través dunhas ideas que todos podemos levar á práctica para axudar a manter un planeta máis sano. 

Prema no seguinte enlace para tomar nota destes consellos.

 

Na aula dos Rebuldeiros, o podcast xira en torno as tres R: recicla, reúsa e reutiliza, a través doutra ristra de consellos relacionados coa reciclaxe, o compost e o aforro de auga.

Aquí podes escoitar aos nosos Rebuldeiros como colaborar por un mundo menos contamiante.

 

Chegamos á aula dos Tritóns de 4º. Nesta ocasión, ides desfrutar dun magazine onde entrevistan a personaxes como Estrela Lux, Hidra, Céfir, Kevin, Compostín e aos xemelgos Catión e Anión. Ademais, hai unha morea de aparellos que nos axudan a mellorar o noso medio ambiente. Atentos á publicidade.

Preme aquí para escoitar todas as entrevistas.

 

Para rematar, os Tritóns de 3º e a rapazada de Q.S.U. realizan unha adaptación do concurso "Pasapalabra" coa temática centrada nas enerxías renovables. Ademais, falan sobre o que aconteceu no noso Entroido.

E ti, cantas palabras do rosco es capaz de responder?

Neste enlace poderedes xogar con Tritóns e Q.S.U.

Comentarios