Hoxe tivemos a sorte de que nos acompañara Denís Losada, quen forma parte de RedeEspora, colectivo en prol do traballo coa radio nas escolas.
Grazas a el, a rapazada de 3º a 6º de Primaria gozou cunha sesión formativa - nun primeiro momento algo teórica pero tamén divertida - xa que nos inicios é moi necesario afondar sobre cuestións técnicas sobre o funcionamento e a finalidade da radio na escola.
- Preme nesta imaxe para ver máis fotos -
Por aquí deixámosvos algunhas fotos para que os vexades en acción, e nuns días xa colgaremos os podcasts.
Porque a partir de agora, a nosa rapazada vaise facer oir.
Preparádevos, que chega o "son de Pazos"!
Comentarios
Publicar un comentario