Biografía de Francisco Fernández del Riego. Escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023.




 


Como cada ano e coa chegada da celebración do Día das Letras Galegas, mergullámonos a investigar a figura da persoa homenaxeada neste ano: Francisco Fernández del Riego.




Para investigar sobre a súa vida, empregamos o libro "Un día para as letras" elaborado polo colectivo Polo Correo do Vento.


Cada nivel gravou unha parte da vida e obra deste escritor tan importante para a nosa cultura galega e da nosa lingua. De entre as aportacións máis relevantes que fixo Don Paco, como lle chamaban os seus amigos, destacamos que foi o impulsor da celebración do Día das Letras Galegas no inicio da década dos anos 60, sendo Rosalía de Castro a primeira homenaxeada no ano 1963.
Ademais, Don Paco foi durante anos o presidente da Real Academia Galega.


Esperamos que con este podcast realizado polas nenas e nenos do noso centro descubrades moitas cousas interesantes deste prolífico escritor.


Aquí tedes os enlaces do programa especial e dos fragamentos realizados por cada un dos niveis

Programa integro.



3 e 4 anos. Rebuldeir@s. 5 anos. Tritóns de 3º. Tritóns de 4º. Q.S.U.

Para rematar, cada nivel fixo un debuxo da parte da súa biografía para elaborar o noso tradicional libro adicado á persoa elexida no Día das Letras Galegas 2023 e que quedará na nosa Biblioteca Xoan Farias para poder botarlle unha ollada. Nos próximos días amosaremos por aquí o resultado final.




 



Biografía de Francisco Fernández del Riego ilustrada polas nosas nenas e nenos.









Comentarios