Especial Letras Galegas: "Entrevista a Don Paco"


O pasado mes de abril, o noso centro participou no V Concurso de Podcast-Radio radio na biblio coa rapazada da clase de Tritóns de 3º.

Este concurso tiña como temática a figura de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023.

@s Tritóns investigaraon sobre a vida e obra deste escritor e realizaron no noso estudio "Son de Pazos" unha entrevista ficticia a Francisco Fernández del Riego onde repasaba os acontecementos máis importantes da súa vida e obra.

Estes días saíron os centros gañadores neste concurso. Desta vez non resultamos premiados, pero sen dúbida foi unha experiencia fantástica para os nosos Tritóns que de seguro seguirán facendo cousas marabillosas na nosa radio.

Deixamos aquí o enlace da entrevista e a nosa participación no V Concurso Podcast-Radio na Biblio.


Comentarios